TUNA UNIVERSITARIA COMPOSTELANA

La Tuna

historia fotografías repertorio aventuras contacto
 

 

PRANTO

Ledos van os estudiantes
Ás súas mozas a rondar,
Ilusións que só nos ollos
Que mañán recordarán.

Chove miudiño en Santiago,
Vagaos tristes duna nena,
Que chorando está coitada
Cheo o corazón de pena.

Chora, chora, Rosalía
Baixo o ceo de Santiago,
Un amor vaise perdendo
Desfacéndose en orballo.

Chora, chora, Rosalía,
Baixo o ceo destrelado,
As súas vagaos son perlas
Do amanecer orballado.

As estrelas escoitaron
Un marmullo de canción,
Eran vagaos duna nena
Que choraba ó seu amor.

O estudiante xa non canta
E soñando vai mollado,
As rúas que ledo sinte
E chove en Santiago.